Forestal

Conferencia o vindeiro venres en Lugo sobre ‘Plantacións forestais en África do Leste’

10/12/2023 12:34 a.m.

O consultor internacional de Margules Groome e ex profesor da Universidade de Stellenbosch, en Suráfrica, Cori Ham, ofrece o venres 15 de decembro, a partir das 9.00 horas, na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, en Lugo, o relatorio ‘Plantacións forestais en África do Leste’.

A participación de Cori Ham nesta sesión con alumnado da sede universitaria luguesa responde ao interese amosado por Margules Groome, así como por outras consultoras internacionais, por captar profesionais e investigadores interesados en traballar en proxectos relacionados cos mercados de carbono e sistemas de monitorización forestal a gran escala.

Etiquetado
Ir a la portada