Comeza a aplicarse en España a nova lexislación comunitaria sobre comercialización de ovos

A nova normativa incluirá aspectos como a regulación das excepcións do marcado do ovo en granxa ou a definición de ovos aromatizados

GRANJA_CAMPOMAYOR_ovos

O Ministerio de Agricultura iniciou este luns o procedemento de consulta pública do proxecto de real decreto que vai regular a aplicación en España da nova lexislación comunitaria sobre comercialización de ovos, recentemente aprobada.

O novo texto mantén gran parte dos aspectos recollidos no anterior real decreto, que databa de 2008 e que quedará derrogado, xa que permanece o obxectivo final de contribuír a manter a unidade de mercado e a transparencia e lealdade nas transaccións comerciais, ademais de garantir a información aos consumidores.

A nova normativa incluirá aspectos como a regulación das excepcións do marcado do ovo en granxa, a definición de ovos aromatizados ou a posibilidade de que as autoridades competentes poidan regular outros usos nos parques de galiñas campeiras, como a instalación de paneis solares.

Prevese a creación dunha base de datos de etiquetaxe multi especie, denominada ETIMUES

A pesar de que a normativa comunitaria establece que os requisitos para a comercialización dos ovos de galiña na Unión Europea son de directa aplicación, o proxecto de real decreto recolle algunhas disposicións adicionais e outros aspectos que requiren da regulación e o control por parte dos Estados membros.

Para incrementar a transparencia no mercado, prevese a creación dunha base de datos de etiquetaxe multi especie, denominada ETIMUES, como ferramenta para o rexistro dos pregos facultativos.

O proxecto de real decreto atópase xa dispoñible na páxina web del ministerio para que os cidadáns e as organizacións representativas do sector poidan facer alegacións, observacións ou suxestións sobre a nova normativa. Poderánse presentar ata o próximo 12 de febreiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información