A Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG) considera a colleita en verde a medida máis adecuada para abordar a curto prazo a crise do sector vitivinícola, xa que é a única actuación que elimina materia prima do mercado antes mesmo da súa transformación a viño.
Así llo trasladou COAG ao Ministerio de Agricultura, en resposta o cuestionario remitido ás organizacións agrarias para abordar a preocupante situación do sector. O vitivinícola foi desde o primeiro momento uno dos máis afectados pola pandemia da covid-19 debido ao peche e posteriores restricións da canle HORECA, que representa o 60% do consumo de viño, así como a cancelación de todo tipo de festas e eventos nos que o consumo tamén era importante.
Debería aplicarse en todo o territorio nacional e contar cun orzamento extraordinario de 40 millóns de euros, á marxe do Plan de Apoio estatal ao sector Vitivinícola (PASVE)
Para que esta medida sexa eficaz debería aplicarse en todo o territorio nacional e dotarse dun orzamento extraordinario de polo menos 40 millóns de euros, achegados por UE, Ministerio de Agricultura e comunidades autónomas, reclama COAG, á marxe do Plan de Apoio ao Sector Vitivinícola (PASVE).
Inmobilización de viño e mosto para 2022
“Deixamos moi claro ao Ministerio de Agricultura que para executar as medidas extraordinarias por mor da crise do coronavirus debe establecerse un orzamento extraordinario á marxe do PASVE. Non se pode hipotecar, por un problema conxuntural alleo ao sector, un orzamento asignado ás medidas ordinarias que son moi necesarias para mellorar a competitividade do sector vitivinícola, tales como a reestruturación do viñedo, modernización de adegas ou promoción en terceiros países”, subliñou Joaquín Vizcaíno, responsable do sector vitivinícola do sindicato.
Con todo, se non se habilitasen finalmente fondos adicionais, e non quedase máis remedio que retraer fondos do PASVE, COAG aposta porque este diñeiro vaia destinado exclusivamente a financiar a colleita en verde. Esta medida é máis que necesaria para lograr un reequilibrio entre oferta e demanda antes da vendima e evitar o impacto dos baixos prezos de mercado sobre os prezos pagados polas uvas aos viticultores. Tamén se confía en que en xaneiro de 2022 se poida activar a norma de comercialización de inmobilización de viño e mosto se a situación o require.