A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Chega ONE®, o novo plan nutricional de De Heus para avicultura industrial

Trátase dunha innovadora gama de produtos con oito programas de alimentación que aborda de forma precisa todas as necesidades nutricionais da cría tanto para posta como para carne

Avicultura-ONE-Horizontal

A multinacional holandesa De Heus utilizou as súas décadas de experiencia e coñecemento especializado na área de avicultura para crear ONE®, un novo plan para a produción avícola co que a compañía ofrece un amplo e completo portafolio de produtos específicos para cada tipo de produción, priorizando o benestar e a saúde animal en cada momento do seu ciclo de vida, para así obter os mellores resultados produtivos.

“ONE® xorde para dar resposta ás novas demandas sociais e de mercado e en coherencia cos valores da nosa compañía, fundamentados na saúde e o benestar animal e en ofrecer solucións nutricionais adaptadas ás necesidades dos nosos clientes de maneira que estes poidan alcanzar os seus obxectivos previstos. Non hai que esquecer que o 50% do volume de negocio mundial de De Heus está na avicultura; precisamente foi a nosa experiencia e liderado o que nos levou a crear ONE®”, explica Luis Sevilla, xefe de produto de Avicultura e Cunicultura da compañía.

A avicultura representa o 50% do volume de negocio mundial de De Heus

Un total de 8 programas de alimentación desenvoltos por un equipo multidisciplinar de expertos compoñen o plan nutricional ONE®: Programa para recría de poliñas, para produción campeira, para avicultura de posta, para ovo XL, para broilers, para pito amarelo, para pito alternativo e para pavos. No deseño de cada un deles tívose en conta “a variabilidade dos factores de produción e os diferentes retos que expón cada tipo de produción”.

Por exemplo, abordando o maior risco de picaxe no caso da produción en sistemas alternativos libres de gaiolas. Así o explica Luis Sevilla: “A achega de fibra e unha boa estrutura e presentación do produto son clave pola súa relación directa coa capacidade de inxesta, contribuíndo ademais a unha boa saúde intestinal grazas a un mellor desenvolvemento da mollexa”.

Nutrición de precisión

“Baseándonos no concepto de Nutrición de Precisión, lanzamos ONE® como a ferramenta que mellora a eficiencia no aproveitamento dos diferentes nutrintes por parte das aves. Isto conseguímolo grazas a un coidado e estudado balance da composición dos nosos produtos en función das necesidades en cada fase de produción (arranques, crecemento, recría, etc… ), o tipo de produción (broiler industrial, broiler amarelo, posta en sistemas alternativos, etc…), e as necesidades puntuais do cliente, que atendemos mediante programas de alimentación personalizados”, detalla o xefe de produto de Avicultura e Cunicultura de De Heus.

Desde a compañía holandesa, fortemente implantada en España, destacan que ONE® é froito de analizar resultados de numerosos proxectos de I+D+i e do coñecemento acumulado grazas ao seu programa de formulación DTF® (Dynamic Total Feed). “Baixo a marca ONE®, en De Heus desenvolvemos produtos que promoven e melloran a saúde intestinal das aves, co que contribuímos á redución do uso de antibióticos e a unha maior seguridade alimentaria. Todo isto co obxectivo final de seguir obtendo uns excelentes resultados técnico-económicos a nivel de granxa e dunha forma sostible, contando sempre co apoio dos nosos asesores e expertos en nutrición. Queremos que os nosos clientes estean ben preparados e acompañados para o futuro da man de De Heus, por iso creamos ONE®, para unha avicultura de primeira”, insistiu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *