A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Calcimag Flow, a única caliza líquida que se pode mesturar co xurro

O Grupo Soaga comercializa unha solución que permite distribuír nunha pasada de cisterna o abono coa enmenda cálcica. O produto aumenta o nitróxeno dispoñible no purín para o cultivo e reduce os malos olores

Calcimag Flow, a única caliza líquida que se pode mesturar co xurro

Para a aplicación do xurro co Calcimag Flow, pódese usar tanto o tradicional sistema de prato coma o de tubos colgantes.

Calcimag Flow é unha caliza líquida que ofrece numerosas vantaxes para as ganderías. A primeira é que o produto mestúrase co xurro na balsa e aplícase despois no campo conxuntamente co abono, nunha única pasada da cisterna, co conseguinte aforro de tempo, traballo e combustible. Outros beneficios claros están no aumento do nitróxeno dispoñible no purín para o cultivo, así como na reducción de malores olores e de emisións de amoniaco á atmósfera.

A enmenda líquida, composta por carbonato de calcio en suspensión, destaca pola súa finura de molienda, o que favorecerá que se logre unha disolución homoxénea na balsa, sen decantación do produto. Antes da súa comercialización, Calcimag Flow supera tres filtros de auga, de xeito que se garante que máis dun 90% dos graos teñen un tamaño inferior a 6 micras (Unha micra é a milésima parte dun milímetro).

O produto pode incorporarse á balsa xusto antes da súa aplicación no campo, se ben desde Soaga, a casa distribuidora, recoméndase un periodo de permanencia na foxa do xurro de 4 – 8 semanas, xa que Calcimag Flow mellorará así a dispoñibilidade do nitróxeno do xurro para o cultivo. “En catro semanas, podemos falar dunha ganancia do 30% en nutrientes aproveitables e se chegamos a 8 semanas, estamos nun 60%”, detalla Emilio Lemos, técnico do Grupo Soaga.

Durante o periodo de permanencia de Calcimag Flow na balsa, haberá que facer periódicas bateduras, de cara a garantir unha disolución homoxénea. Recoméndase ademais unha última batedura antes da aplicación.

Beneficios

A maiores das melloras que xera toda enmenda calcica no campo, os estudos demostraron que Calcimag Flow presenta a maiores os seguintes beneficios

  • A transformación de nitróxeno orgánico en nitróxeno mineral, asimilable pola planta, aumenta un 15%. logo de 8 semanas da enmenda na balsa.
  • A conversión de nitróxeno amoniacal en nitróxeno nítrico, dispoñible directamente para o cultivo, aumenta un 68% logo de 8 semanas.
  • A nitrificación do nitróxeno amoniacal reduce ademais a volatización de amoniaco á atmósfera, unha das cuestións sobre as que Europa está presionando ás ganderías. En comparación cunha balsa de xurro sen incorporación de Calcimag Flow, as emisións de amoniaco baixan un 23% (medición realizada ás 15 horas da incorporación). Na aplicación posterior en campo, redúcense as emisións de amoniaco un 12% (ao aplicarse tras 1 semana de incubación. A máis días de incubación, menores serán as emisións.).
    Todas estas melloras na reducción de emisións e na transformación do nitróxeno do xurro a formas asimilables pola planta redundará nun aumento de 32 Kg. de nitróxeno dispoñible por hectárea. A isto hai que sumar que o produto aplicado no campo xerará un aumento do pH do solo e unha mellora da eficiencia de nitróxeno, o que se pode cuantificar en 13 Kg. de nitróxeno por hectárea, para un total de 45 Kg. extras de nitróxeno por hectárea.
  • Reducción dos malos olores, dada a baixada nas emisións de amoniaco e tamén de ácido sulfhídrico, que diminúe entre un 20 e un 40%. Esa baixada dos olores é moi interesante no caso de aplicacións preto de núcleos de poboación ou vivendas. A maiores, cómpre ter en conta o efecto blanqueante de Calcimag Flow sobre o xurro, o que mellora a súa apariencia. Por outra banda, evítase a formación de po das tradicionais aplicacións de calizas.

Aplicación en campo

Incorporación de Calcimag Flow á balsa de xurro.

Incorporación de Calcimag Flow á balsa de xurro.

Calcimag Flow suminístrase nun camión cisterna de 26 toneladas para a súa incorporación á balsa de xurro. É un volume de produto que se pode utilizar para aplicar nun número de hectáreas variable, en función do impacto que se desexe acadar sobre o terreo.

Como referencia, cómpre ter en conta que a reactividade de Calcimag Flow é moi superior á dun carbonato cálcico convencional, de xeito que 500 Kg. de Calcimag Flow equivalen aproximadamente a 1.800 Kg. de carbonato cálcico convencional.

Cada gandería ten que conxugar factores como a capacidade da balsa e o número de hectáreas a tratar. Á hora de incorporar Calcimag Flow, haberá que comprobar que hai espazo dispoñible na foxa de xurro e que o camión cisterna ten acceso á mesma.

“Existe tamén a posibilidade de dividir o camión entre dúas ganderías veciñas, suministrándolle a cada unha en función das súas necesidades”, explican desde Soaga. Unha vez incorporado Calcimag Flow á balsa, o gandeiro será o que decida datas de aplicación e dose.

Máis información

  • Contacto Grupo Soaga, 986 51 60 30

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *