Os becerros de recría de raza frisoa experimentaron este mércores unha baixada do prezo no Mercado de Amio, en Santiago. Segundo a sondaxe realizada pola organización entre as persoas asistentes, o valor reduciuse en 5 euros para os animais desta categoría.
A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou esta semana manter sen cambios as cotizacións para todas as categorías e calidades da carne.
En canto á asistencia de gando, houbo 1.516 reses, 456 menos que a pasada semana. Por categorías contabilizáronse 1.277 cabezas de vacún menor (412 menos), 110 de vacún mediano (4 menos) e 129 de vacún maior (40 menos).
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (16-XI-2022).