Axudas para agricultores e viveiros afectados por organismos de corentena

Os apoios cubren as perdas derivadas da couza guatemalteca da pataca e do fungo ‘Fusarium circinatum’, que afecta a piñeiros

Publicidade
Axudas para agricultores e viveiros afectados por organismos de corentena

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210614/AnuncioG0426-270521-0001_gl.html

Prazo: Ata 14/09/2021

Resumo:

A Consellería do Medio Rural vén de publicar as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal aos viveiros ou explotacións agrícolas afectadas por organismos de corentena, en especial a couza guatemalteca da pataca e o fungo ‘Fusarium circinatum’, que desde o 2006 se ten detectado de xeito puntual en piñeiros en Galicia.

O orzamento dispoñible para estas achegas é de 75.000 euros, un 15% superior ao ano anterior, e poderá incrementarse en función das necesidades detectadas e a dispoñibilidade orzamentaria, segundo sinala a Xunta.

En concreto, poderán ser persoas beneficiarias destas indemnizacións tanto as persoas físicas e xurídicas como as entidades sen personalidade xurídica cuxos produtos vexetais fosen afectados polas medidas fitosanitarias adoptadas en virtude da declaración dunha praga de corentena pola autoridade competente.

Estas empresas poderán ser beneficiarias sempre e cando teñan a consideración de pequena e mediana empresa agraria. No caso dos produtores de plantas de viveiro, estes deberán estar inscritos nos correspondentes rexistros oficiais. Neste sentido, o prazo de presentación de solicitudes será de tres meses contados a partir de hoxe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *