A asociación A Croa de Camariñas convértese nunha agrupación forestal de xestión conxunta

A intención dos membros da Croa é converter a asociación nunha agrupación forestal de xestión conxunta, unha figura creada ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e que busca optimizar a xestión deste tipo de entidades e dotadas cun orzamento de preto de 2,4 millóns de euros.

A asociación A Croa de Camariñas convértese nunha agrupación forestal de xestión conxunta

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, reuniuse este martes con integrantes da Asociación de Propietarios Forestais (APF) A Croa de Camariñas

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, reuniuse  este martes con integrantes da Asociación de Propietarios Forestais (APF) A Croa de Camariñas, acompañado pola alcaldesa da localidade, Sandra Ínsua. Na xuntanza, que tivo lugar na sede do Concello desta localidade, o director xeral puido coñecer as liñas de traballo desta agrupación. Trátase dun colectivo veciñal que ten como obxectivo poñer en valor os montes da zona, incidindo especialmente en aproveitamentos como a resina ou os cogomelos, e darlle visibilidade ás necesidades dos enclaves naturais da contorna de Camariñas.

Segundo explicou José Luis Chan, estas achegas contan con tres liñas de actuación. A primeira delas céntrase na organización de accións de divulgación que impulsen o coñecemento e poñan en valor a importancia estratéxica das agrupacións forestais de xestión conxunta. A segunda liña de achegas buscará dar apoio ás asociacións sen ánimo de lucro que teñan como obxecto a comercialización conxunta de produtos forestais.

A terceira das liñas de axudas destínase concretamente á creación e apoio das agrupacións forestais de xestión conxunta mediante calquera figura xurídica de natureza civil ou mercantil que promova, impulse e poña en marcha iniciativas de xestión conxunta sustentable e diversificada de terreos dedicados á actividade forestal.

As actuacións subvencionables serán aquelas que se precisan para a constitución, ampliación e xestión dunha agrupación forestal de xestión conxunta, como son os gastos de tramitación e inscrición da entidade solicitante, revisión do parcelario e estado das parcelas, investigación da titularidade, adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos, inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, implantación dos sistemas de certificación internacionalmente recoñecidos e incorporación de servizos ecosistémicos e boa gobernanza das sociedades de fomento forestal (Sofor).

Nesta xornada, os invitados realizaron unha visita técnica a terreos da comunidade, para coñecer, entre outras cousas, o estado da rede de faixas de xestión da biomasa existentes e abordar, por parte da Consellería do Medio Rural, a posibilidade de establecer liñas de colaboración con esta agrupación, co fin de deseñar unha rede de infraestruturas preventivas e xestionar a biomasa forestal en zonas estratéxicas mediante técnicas silvícolas axeitadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información