ASAJA Galicia iniciará accións xudiciais polas perdas pola non recollida do leite

ASAJA Galicia iniciará accións xudiciais contra as industrias polas perdas causadas pola non recollida do leite. Instará ás empresas a xustifica-los motivos para incumprir os seus contratos e a identificar, no seu caso, ós responsables da situación

ASAJA Galicia iniciará accións xudiciais polas perdas pola non recollida do leite

Francisco Bello, secretario xeral de ASAJA-Galicia

O comité executivo de ASAJA Galicia ven de anunciar a través dun comunicado que “facilitará” ós seus asociados, así como ós produtores en xeral, “a presentación das correspondentes demandas xudiciais contra as industrias lácteas polos danos e prexuízos xerados polo incumprimento reiterado dos contratos, ó non recolle-lo leite”.

Neste senso, instará ás empresas a “xustificar os motivos da non recollida e a identificar, no seu caso, ós responsables da situación”.

ASAJA Galicia advirte de que “neste momento hai explotacións que xa levan tirado máis de 20.000 litros de leite, o que supón mais de 6.000 € de perdas de ingresos, ademais dos correspondentes gastos que deben seguir asumindo”. En total, calcula que as explotación lácteas alegas chegaron a acumular máis de 12.000 € de perdas.

Una idea sobre “ASAJA Galicia iniciará accións xudiciais polas perdas pola non recollida do leite

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información