Aberto o prazo de inscrición no programa “Go 2 Work Emprender en verde”

Aberto o prazo de inscrición no programa “Go 2 Work Emprender en verde”

A Fundación Paideia Galiza ven de abrir o prazo de inscrición para o programa “Go 2 Work: Emprender en Verde”, destinado a aquelas persoas que teñan unha idea ou proxecto para traballar no sector da economía ou a cultura verde e o medio ambiente.

Neste sentido, a EOI e a Fundación Paideia Galiza, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo poñen á disposición das persoas interesadas un espazo Coworking gratuíto en Padrón. As participantes contarán coa axuda de mentores e profesionais expertos, co obxectivo de en 5 meses pasar dunha idea a unha realidade.

O programa de formación celebrarase entre o 19 de outubro e o 15 de febreiro, en formato presencial os xoves de catro a oito da tarde, na Fundación Paideia Galiza, en Padrón (A Coruña).

Hai un límite de 22 prazas para outras tantas ideas e proxectos emprendedores. Pódese realizar a inscrición en: https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/padron-3a-edicion . Máis Información: www.eoi.es e en  www.paideia.es #CoworkingVerde

Velaquí o programa:

PROGRAMA_PAIDEA_EMPRENDEMENTO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información