Aberto o prazo de consulta pública da nova normativa de rexistro de contratos alimentarios

Tamén se abre o procedemento de consulta pública do proxecto de real decreto polo que se modifica o Estatuto da Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA)

Aberto o prazo de consulta pública da nova normativa de rexistro de contratos alimentarios

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación iniciou o procedemento de consulta pública para que a cidadanía poida presentar observacións ao proxecto de real decreto polo que se desenvolve o rexistro de contratos alimentarios e do proxecto de real decreto polo que se modifica o Estatuto da Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA).

A elaboración destes reais decretos é o resultado das modificacións introducidas na lei de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria, que estableceu a obriga de crear un rexistro dixital no que se deben inscribir os contratos alimentarios que se subscriban cos produtores primarios e as súas asociacións, así como as súas modificacións, antes da entrega do produto.

Desta maneira contribúese a incrementar a protección dos produtores e as súas agrupacións, ao pór a disposición de AICA e do resto de autoridades de execución designadas polas comunidades autónomas, un instrumento que facilitará as tarefas de inspección e de control.

Así mesmo faise necesario modificar o Estatuto de AICA, (aprobado polo real decreto 227/2014, de 4 de abril, e o real decreto 66/2015, de 6 de febreiro, que regula o réxime de controis) para adaptar as funcións da axencia, incluíndo a de autoridade de execución nacional. Tamén se eliminan determinadas funcións derivadas da modificación da lei da cadea, e adáptanse referencias lexislativas e algúns aspectos da actividade inspectora da axencia.

O prazo para o envío de observacións a ambos os texto finaliza o próximo 15 de xullo, inclusive.

Os proxectos pódense consultar nas seguintes ligazóns:

https://www.mapa.gob.es/es/alimentacion/participacion-publica/Real_Decreto_Registro_de_Contratos.aspx

https://www.mapa.gob.es/es/alimentacion/participacion-publica/Proyecto_de_Real_Decreto__por_el_que_se%20_modifica_el_Estatuto_de_AICA_OA_y_regimen_de_controles.aspx

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información