A XIV Feira Rural de San Sadurniño presenta unha gran oferta de actividades para todos os públicos

As alternativas desta edición van desde as propostas agroalimentarias até actividades lúdicas como música ou kaiak.

A XIV Feira Rural de San Sadurniño presenta unha gran oferta de actividades para todos os públicos

A XIV Feira Rural de San Sadurniño celebrarase o vindeiro 26 de agosto de 2023 na Leira da Cortiña. A organización preparou para a edición deste 2023 un programa moi variado en canto actividades. Ademais do mercado, mostras sobre diferentes traballos agropecuarios e xantar, tamén haberá música, kaiak polo río Xubia e concursos como o morfolóxico para cans de palleiro.

San Sadurniño convértese neste día no referente das posibilidades do medio rural a través dun encontro que combina a esencia das feiras de toda a vida coa posta en valor daquelas experiencias que apostan pola sustentabilidade.

Haberá mercado desde primeira hora da mañá -produtos frescos, alimentos transformados, viveiros de planta e flor, artesanía e artigos de segunda man- distribuído polo arboredo de especies autóctonas da Cortiña.

Entre as actividades paralelas cóntanse as visitas á horta de conservación de froiteiras Carlos Fornos con prácticas de poda e enxertado, os obradoiros de construción de papaventos para a rapazada, o concurso morfolóxico da Raza Can de Palleiro, sorteos de vales canxeables no comercio local, música ao vivo, un espectáculo de circo de rúa e, por suposto, o concurso de froita que se desenvolverá ao longo da mañá e no que cumprirá inscribirse o mesmo día.

Onde xantar

A feira disporá cun posto de comida, aínda que tamén é moi boa opción acudir a algún dos restaurantes do concello: o Mesón A Granxa, Mesón O Ferrador (San Sadurniño), Parrillada Riboira (en Lamas) e Os Cazadores (Santa Mariña do Monte), aínda que convén reservar con tempo de antelación nos que quedan máis preto da feira. Outra opción é vir de merenda e aproveitar algún dos recunchos que ofrecen o paseo fluvial, os xardíns municipais, o contorno do Convento do Rosario ou a área recreativa dos Currás (ao pé da piscina).

PROGRAMA DA XIV FEIRA RURAL DE SAN SADURNIÑO

26 de agosto de 2023, Leira da Cortiña (Google Maps)

10:00h Apertura da feira e exposicións: agroalimentación, artesanía, viveiros, maquinaria e 2ª man. As solicitudes deberán presentarse no Concello ou na Sede Electrónica municipal antes das 14:00h do 24 de agosto. Descarga da folla de solicitude e normas de participación.

10:30 a 13:30h Concurso da Froita Autóctona:

– Inscricións de lotes de froita para concurso de 10:30 a 11:30h na carpa principal. Agasallo dunha froiteira do país só por participar. Descarga das bases do concurso.
– Premios: tres vales de 100€ canxeables en establecementos locais.

11:30h Visita guiada á Horta de froiteiras autóctonas “Carlos Fornos” con obradoiro de enxertado.

11:30h Baixadas en kaiak polo Xubia

12:00h Obradoiro infantil de construción de papaventos

12:00h Actuación de Brassica Rapa

12:00h a 14:00h Cata-degustación de froita autóctona

12:30h Visita guiada ao Colmear didáctico

14:00h Sorteo de vales para consumo no comercio local valorados en 40 euros. Os boletos entregaranse con cada compra e haberá que depositalos na urna que estará situada no expositor do Concello.

Na feira haberá espazo para xantar a prezos populares e tamén se pode traer a comida e sentar nalgún dos recunchos do arboreto ou do paseo fluvial. Outra opción é xantar nalgún dos restaurantes da zona (recoméndase reservar con tempo). Listado de aloxamentos, mesóns e casas de comidas (ligazón externa).

TARDE

16:30h XXIV Concurso morfolóxico da Raza Can de Palleiro (máis información en www.clubcandepalleiro.com)

16:30h Baixadas en kaiak polo Xubia

17:00h a 19:00h Cata-degustación de froita autóctona

17:30h Visita guiada á Horta de froiteiras autóctonas “Carlos Fornos” con obradoiro de poda de verán

17:30h Obradoiro infantil de construción de papaventos

18:00h Actuación da compañía Circando

18:30h Visita guiada ao Colmear didáctico

19:45h Segundo sorteo de lotes de froita e de vales para consumo no comercio local valorados en 40 euros. Os boletos entregaranse con cada compra e haberá que depositalos na urna que estará situada no expositor do Concello

20:15h Clausura da XIV Feira Rural

Exposicións e actividades paralelas durante toda a xornada:
– Froita autóctona da AGFA do Eume.
– Apicultura da Asociación Casa do Mel de Goente.
– Raza Can de Palleiro.
– Expositor do Concello: Información xeral sobre a feira, xunto con información turística: rutas, que ver, proxecto Terra de Vida e Xeoparque do Cabo Ortegal. O expositor tamén é o lugar de inscrición para as baixadas en kaiak, as visitas guiadas e os obradoiros infantís.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información