A Fundación Juana de Vega promove en colaboración coa EFA Piñeiral o curso “Innovación en márketing, branding e packaging nas empresas agroalimentarias” que se desenvolverá na sede da EFA Piñeiral, en Arzúa, os días 18 e 19 de maio de 2023, en horario de 9:30 a 14:30 horas. Este curso está dirixido a persoas emprendedoras, produtores e transformadores agroalimentarios e demais persoas interesadas.
Os obxectivos
– Coñecer os elementos máis relevantes dun Plan de Márketing, e o modo de aplicar na práctica os principios básicos do márketing e comunicación en calquera negocio.
– Coñecer as novas tendencias de deseño e presentación de etiquetas e envases para as producións agroalimentarias.
– Recibir asesoramento da man de expertos sobra a aplicación de innovación no branding e packaging de produtos agroalimentarios.
Data
18 e 19 de maio de 2023
Lugar
EFA Piñeiral- Centro de Formación Profesional e Promoción Rural. Santa María s/n Arzúa.
https://maps.app.goo.gl/oPmDDfVmFve1aJ3e9
Programa
Xoves 18.
9:30 a 14 h. Pack different my friend!… Fundamentos do Márketing e a Comunicación.Xosé Luis Reza, Presidente do Clúster do Ecommerce de Galicia e Presidente Fundador de Markea e do Clúster da Comunicación de Galicia.
O cliente como razón de ser da empresa
Concepto de Márketing
O Plan de Márketing
Estudo de mercado. Análise da empresa e do contorno.
Márketing estratéxico (segmentación do mercado, posicionamento, valores e vantaxas competitivas).
11.30 a 12.00h Pausa café.
Márketing operativo
Produto. Marca e Packaging.
Prezo.
Distribución.
Comunicación.
Co-márketing: unha ferramenta especialmente útil para as pemes.
Márketing relacional: o cliente coma centro dunha relación duradeira.
Venres 19
9:30 a 10:30 h. Branding & Packaging. A importancia da marca no envoltorio. Xosé Teiga. Director creativo de Xosé Teiga Studio.
10:30 a 11 h. Pausa café
11 a 12 h. O packaging como elemento dinamizador das vendas. A importancia dun bo packaging. Rosa Pumar. Directora Xeral de Imaxe.
12 a 13 h. Tendencias en innovación de packaging no sector lácteo internacional. Alfonso Pérez. CEO en Foodtec. Coñeceremos unha recompilación das estratexias de envasado e etiquetaxe empregadas no sector lácteo e competidores, tanto a nivel internacional como nacional, para o lanzamento de novos produtos e a renovación das gamas existentes.
13 a 14 h. Asesoramento ás empresas asistentes por parte de Xosé Teiga, Rosa Pumar e Alfonso Pérez. Como aplicar a innovación no meu produto?
14 a 15 h. Aperitivo con produtos locais elaborado polos alumnos/as do Ciclo de Panadería, Repostería e Confitería da EFA Piñeiral.
15 a 15:30 h. Visita ao obrador de panadaría, repostaría e confeitaría da EFA Piñeiral.
15:30 a 17:30 h. Visita agroturística ao Pazo de Santa María, Queixería Galmesán e outra queixería amparada na D.O.P. Arzúa- Ulloa.
(As visitas son de carácter voluntario)
PRAZAS LIMITADAS