Subas na recría Frisoa no Mercado de Amio

Subas na recría Frisoa no Mercado de Amio

Vista da nave de recría do Mercado de Amio. // Foto de arquivo.

Na sesión deste mércores no Mercado de gando de Amio (Santiago) rexistrouse unha suba de 10 euros nos prezos da recría de raza Frisoa. Tamén se produciron subas puntuais nos prezos de vacún mediano e no maior de abasto, derivadas dun axuste técnico, según indicaron dende a organización do mercado de gando.

Pola súa banda, a Mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, que fixa os prezos neste mercado, acordou manter as cotizacións para tódalas categorías e calidades deste selo.

En canto á asistencia de gando, contabilizáronse 1.738 reses, o que supón 49 animais máis que a semana pasada. Houbo 1.409 cabezas de vacún menor (9 máis que na sesión anterior), 132 de vacún mediano (10 máis) e 197 exemplares de vacún grande (30 reses máis).

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (2-2-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información