Segue aberto o prazo para solicitar axudas para mellora da eficiencia enerxética en explotacións agrícolas e gandeiras

Ata o 31 de decembro segue aberto o prazo de presentación de solicitudes ao programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias, que en Galicia xestiona a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Actuacións subvencionables:

Cabe diferenciar as dúas seguintes actuacións subvencionables:

a)Actuación 1: Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de regadío. Consistirá na execución de actuacións de reforma das instalacións de regadío en explotacións agropecuarias e comunidades de regadores, por renovación dos seus equipos de bombeo que reduzan o consumo de enerxía final e as emisións de CO2.

b) Actuación 2: Mellora da eficiencia enerxética e utilización de enerxías renovables en explotacións agropecuarias. Consistirá na realización de actuacións de reforma das explotacións e instalacións consumidoras de enerxía térmica, eléctrica e de proceso propias das explotacións agropecuarias que reduzan o consumo de enerxía final e as emisións de CO2. As actuacións poderán ser, con carácter orientativo e non limitativo:
1.º Actuacións sobre a envolvente térmica que reduzan a demanda de calefacción e refrixeración dos edificios agropecuarios (fachadas, cubertas, xanelas) incluíndo solucións bioclimáticas.

2.º Actuacións nas instalacións térmicas de calefacción, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria, como poden ser as destinadas aos procesos de pasteurización e conservación de produtos perecedoiros, á climatización de naves de gando e invernadoiros, refrixeración en procesos de fermentación do viño, etc.

3.º Mellora da eficiencia enerxética dos subsistemas de xeración, distribución, regulación e control e elementos terminais das instalacións térmicas, incluíndo o aproveitamento de calores residuais e novas redes de calor.

4.º Substitución de enerxía convencional en instalacións térmicas por enerxías renovables térmicas (enerxía solar térmica, biomasa, enerxía xeotérmica, enerxía ambiente (aerotermia ou hidrotermia), bombas de calor ou unha combinación delas). Non se considerará elixible a substitución dun xerador térmico por outro que utilice combustible de orixe fósil.

5.º Reforma ou substitución de instalacións de iluminación interior e iluminación exterior.

6.º Renovación de motores para accionamientos mecánicos e outros servizos propios destas actividades.
La inversión mínima para que la actuación sea subvencionable debe ser de 5.000 euros IVA no incluido.

Cada solicitante poderá presentar un máximo de unha solicitude da Actuación 1 e outra da Actuación 2 por emprazamento. Cada solicitude pode incluír unha ou varias das tipoloxías de proxectos definidos no Real Decreto 149/2021 pero sen mesturar os recollidos no epígrafe correspondente á Actuación 1 cos da epígrafe correspondente á Actuación 2.

Beneficiarios:

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións os suxeitos que se enumeran no artigo 11.1 das bases reguladoras sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da comunidade autónoma de Galicia. En concreto os seguintes:

a) Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada ou pública titulares dunha explotación agropecuaria.
b) Comunidades de Regadores e outras organizacións cuxo fin consista na xestión común de auga para a rega agrícola ou a xestión común doutros combustibles e fontes de enerxía para fin agropecuario.
c) Titulares de explotacións agrícolas de regadío que utilicen redes de rega para cuxo funcionamento sexa necesario actualmente o consumo de enerxía eléctrica.
d) Calquera organización ou asociación de produtores agrícolas recoñecida pola autoridade competente.
e) As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía, segundo definición da Directiva 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018
f) As empresas de servizos enerxéticos (ESEs), ou provedores de servizos enerxéticos definidas no Real Decreto 56/2016.

Contía máxima das axudas:

A contía da subvención será a mínima entre as tres seguintes cantidades:

a) O 30 % do custe elixible definido no artigo 14 do Real Decreto 149/2021.

b) O 35 % do custe subvencionable da actuación. Esta intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas á pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas. O custe subvencionable resulta de restar ao custe elixible a inversión de referencia segundo o indicado no artigo anterior. Este apartado b)  será aplicable só cando o solicitante sexa unha empresa ou desenvuelvan unha actividade comercial ou mercantil .

c) Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima por proxecto de 1.000.000 de euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información