10 exclusivas delicatessen galegas para este Nadal

delicatessen galegasGalicia tamén elabora os seus produtos delicatessen, non todo ía vir dos Alpes nin de detrás ou diante dos Pirineos. Por iso vai sendo hora de facerlle xustiza aos esforzos realizados nas nosas terras para ofrecernos produtos que se derreten no padal mentres nós derretemos de gusto por dentro. Ollo! Que non falamos de exceder en kilocalorías porque despois, á volta do Nadal, na cinta andadora arrepentirémonos unha e mil veces. Aquí falamos de probar, gozar co sabor e non ser egoístas, pois praceres así son para compartillar. Así pois, damos paso ás dez delicatessen galegas que nos farán pasar un nadal máis doce.

Tomesiños

tomesiños 2

Os primeiros polvoróns da Ribeira Sacra, aquí están. Elaborados pola empresa Silváns de Taboada, a mesma das galletas Xianas, están feitos con manteiga de porco celta, segundo o selo de Artesanía Alimentaria da Xunta. Os tomesiños levan fariña, améndoas, manteiga de porco celta, sal, azucre glass e un pouco de canela. É a manteiga o que lle dá o sabor característico. Poden mercarse en tendas de toda Galicia a onde chegan en caixas de case tres quilogramos mais son vendidos ao peso. Hai que apurar! Quedan moi poucos ante a novidade!

-Bombós de Albariño e de Licor Café “Gosto”

b2b-BBlicor-cafe-600x400-1

Elaborados por Chocolates Antoxo para Carabuñas. Estes bombóns de Albariño e de Licor Café ‘Gosto’ elabóranse artesanalmente, cunha receita persoal onde se mestura o licor café galego co praliné de chocolate exclusivo da casa. Os bombóns poden mercarse nas tendas, mais se gostamos das sorpresas, podemos ir á web onde se poden encargar caixas que inclúen produtos que selecciona o cliente ao seu gusto. Ou se cadra, ao mellor se lles pode dar unha sorpresa na súa fábrica en Vilar de Santos.

Turrón de améndoas de Allariz

turron-amendoado-allariz-finarei

A ver, o turrón pode facerse en calquera lugar onde haxa améndoas. Non ten por que haber unha soa denominación alá en terras levantinas pois aquí tamén levantamos as nosas lambetadas de turrón. Un exemplo é o Turrón de Améndoas de Allariz que como din os seus creadores é unha “homenaxe a un dos doces típicos da repostaría alaricana: o Amendoado de Allariz”. O interior amendoado deste turrón está cuberto por tres capas ben saborosas: trufa, mazapán e chocolate con leite. Elaborado por Fina Rei, pódense encargar a gusto de consumidor e tamén se poden mercar produtos nas tendas desta casa.

Mozzarela Galega Moza

MOZA-2-CARAS-600x379

Todos temos un momento “gourmet cuñado”. Iso sucedeu cando o que escribe soltou nunha pizzería especializada: “Sabedes que a mozzarela de verdade se fai con leite de búfala?”, non quero contar máis. O que si se debe contar é a grande aposta pola MOZA, a mozzarella galega, un queixo que non deben esquecer as persoas amantes do queixo. Leite de vaca criada e alimentada en liberdade, leite callado, proteinas lácteas, sal e lévedo lácteo. Elaborado por Carabuñas, pode encontrarse en tendas e tamén se pode pedir na súa web.

Castañas Confitadas Cuevas

marron-glace-classic-brandyCastañas confitadas ou marrón glacé. Cuevas y Compañía está considerada como un dos maiores exemplos deste produto, un elemento nacido dos nosos soutos, iso si, coidado cos ourizos antes de coller as castañas. Aínda que a xente da empresa debe ter moita experiencia acumulada. Aproveitando a IXP dos nosos castiñeiros. Castañas redondas e firmes, a humidade debe ser abondo para que non rompa mentres coce. Logo de pelalas, cócense, confítanse a temperatura baixa por sete días en almíbar sabor vainila. Cando están listas, cóbrense con azúcar glass e un día de secado. Poden mercarse en tendas especializadas como grandes superficies ou tamén na web www.marronglace.com.

Costiña Chocolat

Unha delicatessen procedente dun restaurante de Santa Comba con Estrela Michelín. Podemos pedir máis? Si, con reserva anticipada. Mais agora fixarémonos en Costiña Chocolat, rochas de chocolate traído desde terras do Caribe e das illas de São Tomé e Príncipe. As rochas só se elaboran de outubro a xaneiro e, mira ti, volvemos aos Alpes, pois mesmo os suízos quedaron rendidos ante este doce. Só se venden a través da web desta empresa.

bombon costiña

Lola Espumoso Rias Baixas

espumoso-220x571Abrimos as botellas dos espumosos galegos porque, desde logo, as nosas DO son capaces de criar burbullas tan saciantes e xenerosas como as doutros lugares (si, detrás dos Pireneos). Este é o espumoso de Paco & Lola feito con uva albariña mediante o método tradicional para os viños espumosos brut con 24 meses en adega. Pode mercarse online desde a web da empresa, aínda que podemos encontralo noutro tipo de establecementos online e en físico.

Xamón Gran Reserva de Porco Celta

En Casa Castelao tamén son artistas polifacéticos como o rianxeiro internacional. Aquíjamon-gran-reserva-celta temos unha das obras mestras desta empresa da Fonsagrada: o Xamón Gran Reserva de Porco Celta. Dalgunha maneira os nosos porquiños van abrindo camiño patiña a patiña ou xamón a xamón, neste mundo das delicatessen. Afumado e seguindo unha elaboración segundo as indicacións tanto sanitarias como tradicionais. Produto venda online, xamón vía aplicación.

Xarrete con castañas de Tenreira dos Ancares

Nacido na cociña do Bar Xegunde en Navia de Suarna, o xarrete con castañas elaborado neste local desde hai 20 anos foi un produto da innovación. Si, a innovación tamén está nas cociñas, eses hubs tan cercanos e tan lonxe ao mesmo tempo. O xarrete vai acompañado por unha salsa espesa onde se mesturan os zugos do xarrete con castaña desfeita con acompañamento de patacas dos Ancares. Pídese por encargo e envíase refrixerado, só hai que metelo no microondas dous ou tres minutos ou quentalo na pota cinco minutos. Elabóranse os martes para recibilos os mércores.

xarrete-castanas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información