Leite

A Xunta destina 2,15 millóns de euros en axudas ás ADS

Un total de 66 Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira percibirán unha partida nesta convocatoria. As subvencións son para abordar programas zoosanitarios e para a compra de material funxible

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/06/2021 11:47 a.m.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a resolución das axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural ás agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ASDG) de Galicia para o período 2021-2022. Un total de 66 entidades resultaron beneficiarias das achegas, que suman 2,15 millóns de euros.

Estas axudas están destinadas a desenvolver os programas de prevención e control de enfermidades dos animais nas ganderías por medio de programas de zoosanitarios. “Os orzamentos permitirán a estas entidades abordar o control de determinadas enfermidades animais que non adoitan ser obxecto de programas a nivel nacional, a excepción da rinotraqueite bovina infecciosa (IBR), xa que foi establecido un programa nacional voluntario por parte do Estado en setembro do 2019”, aclaran dende a Consellería de Medio Rural.

A partida económica financiará aqueles gastos derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios para a realización dos programas zoosanitarios, así como a compra de material funxible como luvas, calzas, tubos de extracción e agullas. Os programas de planificación zoosanitaria deberán realizarse entre o 1 de marzo do 2021 e o 28 de febreiro do 2022.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Consulta aquí os detalles da resolución da convocatoria.

 

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada