A Xunta convoca as axudas para promover os viños galegos no exterior

Publicidade
Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201214/AnuncioG0426-111220-0001_gl.html

Prazo: Ata 14/01/2021

Resumo:

A Consellería do Medio Rural publica este luns no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países durante o ano 2021

As axudas, que se concederán en réxime de concorrencia competitiva, contan para o ano 2021, cunha dotación de 859.430 €, e para o ano 2022, cunha dotación de 978.221 €.

Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Empresas vinícolas, considerando como tales aquelas empresas privadas en que máis do 50 % da súa facturación proveña do sector do viño ou cuxa produción supere os 1.000 hl, de acordo co seu último exercicio fiscal pechado.

b) Organizacións de produtores vitivinícolas e asociacións de organizacións de produtores vitivinícolas.

c) Organizacións interprofesionais definidas e recoñecidas no ámbito nacional.

d) Organizacións profesionais: entenderase como organizacións profesionais aquelas que exerzan a súa actividade maioritariamente no sector do viño, que estean recoñecidas no ámbito nacional de acordo coa normativa vixente e que teñan entre os seus fins estatuarios a realización de actividades de promoción.

e) Órganos de xestión e de representación das indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe protexidas vínicas, así como as súas asociacións.

f) As asociacións temporais ou permanentes de produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.

g) Cooperativas que comercializan viños elaborados por elas ou polos seus asociados.

h) As entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e remata o día 14 de xaneiro de 2021.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información