A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) organiza para os vindeiros 16 e 17 deste mes a súa reunión de outono na vila lucense de Mondoñedo coincidindo coas San Lucas, a feira de gandería cabalar máis importante e antiga de Galicia.
Neste sentido, a reunión centrará as súas xornadas en “O cabalo e a conservación do medio natural”, e celebrarase no Pazo de Santomé.
A participación na reunión é de balde pero é preciso inscribirse antes do 13 de outubro, indicando día e intención de xantar ou non, chamando aos teléfonos 686620154 (Eloi) ou 628713263 (Victor). O coste do xantar será de 20 Euros.
Nesta xornada colaboran coa SGPF o Concello de Mondoñedo, Vicepresidencia da Deputación de Lugo, CIAM-AGACAL, PURAGA e a Asociación As San Lucas
Aquí podes ver o programa completo: