Apicultura

Xornadas informativas en Lugo sobre a vespa velutina

A campaña 'Convives ou Combates. Ti elixes' arranca esta fin de semana en Samos e Lugo

Campo galego 09/05/2024 9:05 a.m.

A Asociación Galega de Apicultura (AGA), con apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, lanzou a campaña 'Convives ou combates. Ti elixes', dedicada á loita contra a vespa velutina. A iniciativa, que inclúe varios encontros informativos, percorrerá catro concellos da provincia entre o 11 e o 18 de maio.

Os eventos comezarán en Samos e Lugo este sábado, 11 de maio, ás 11.00 horas no Centro Multiusos do Concello, e continuará o mesmo día ás 18.00 horas no Vello Cárcere de Lugo. O sábado seguinte, 18 de maio, as charlas desprazaránse ás Escolas Vellas de San Miguel de Reinante en Barreiros pola mañá, e pola tarde na oficina de turismo de Carballedo.

Estas xornadas abordarán a importancia da implicación cidadá no control da vespa velutina e promoverán a adopción de medidas para combatela sen prexudicar as explotacións apícolas tradicionais. O ciclo de actividades concluirá no verán con sesións de formación práctica.

A inscrición para estas actividades é gratuita e pode facerse enviando un correo a info@apiculturagalega.gal.

Etiquetado
Ir a la portada