O obxectivo destas actividades é achegar á poboación do medio rural como lle afecta a normativa vixente en materia de montes e prevención de incendios forestais, centrándose nos procedementos máis habituais que a maioría dos habitantes de aldeas e pobos van a necesitar nalgún momento.
Así, no programa inclúense, entre outros, os seguintes temas:
- obrigas de xestión da biomasa para prevención de incendios
- usos do lume e permisos de queima
- actividades en terreos queimados
- repoboacións forestais
- aproveitamentos de madeira
- cambios de actividade
As tres primeiras charlas terán lugar durante este mes de xuño en Ourense, O Barco de Valdeorras e O Bolo:
- OURENSE: Mércores, 22 de xuño, de 16:30 a 20:30 h, no Salón de Actos do Centro ISSGA (Rúa Villaamil y Castro, s/n)
- O BARCO DE VALDEORRAS: Martes, 28 de xuño, de 16:30 a 20:30 h, na Casa grande de Viloira (Praza Ramón Otero Pedrayo, 11)
- O BOLO: Mércores, 29 de xuño, de 16:30 a 20:30 h, na Biblioteca Municipal-Planta Baixa do Centro de Saúde (Rúa O Serro, s/n)
As persoas interesadas poden preinscribirse no seguinte enlace e para máis información pode chamarse ao número de teléfono 988386706.
Estas accións están aprobadas dentro do plan de formación continua de AGACAL e organizadas polo Servizo provincial de Montes de Ourense en colaboración cos distritos forestais da provincia.