A Oficina Agraria Comarcal de Lugo organiza os días 17 e 18 de outubro unhas xornadas centradas na elaboración de cervexa artesanal. Nas sesións abordarán a diversidade de opcións que se presentan ós produtores á hora de elaborar este tipo de bebidas.
As xornadas celebraranse no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo. O xoves 17 a sesión arrancará ás 8:45 horas e prolongarase ó longo de toda a xornada, mentres que o venres 18 será só en quenda de mañá.
Nos seminarios trataranse cuestións claves para a elaboración da cervexa como o cultivo da cebada cervexeira e do lúpulo, a calidade da auga para o preparado da bebida ou o proceso de fermentación. Tamén se coñecerán diferentes experiencias e proxectos e realizarase unha visita á plantación de lúpulo do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña) e ó museo da cervexa Estrella Galicia, Mega, inaugurado o pasado mes de xuño e ubicado nas instalacións da fábrica cerveceira de Hijos de Rivera na cidade da Coruña.
As xornadas son gratuítas pero será preciso inscribirse antes das 14:00 horas do próximo 16 de outubro. Os formularios de inscrición poden remitirse por fax ó 982 294 937 ou o email xbruna (arroba) xunta.es. As prazas son limitadas, e no caso das visitas, que se realizarán na xornada do venres, poderán participar un máximo de 30 persoas. Ademais, para rematar a sesión haberá un xantar que correrá por conta de cada un dos participantes.
A continuación detallamos o programa das xornadas:
Xoves 17 de outubro
8:45 horas. Recepción dos asistentes e presentación da xornada.
9:00 horas. A calidade da auga para a elaboración de cervexa. Hussein Hussein (Departamento de Produción en Hijos de Rivera, SAU).
9:30 horas. O cultivo da cebada cervexeira. Benigno Ruiz Nogueiras (USC-EPSE Lugo).
10:00 horas. Caso práctico: O cultivo de cebada cervexeira en Galicia. José Manuel Leiras Fernández (A Pobra do Brollón).
10:20 horas. O malteado da cebada. Ismael Lozano Mencía, de Micromaltería Grannaria (León).
11:00 horas. O cultivo do lúpulo en Galicia. Javier José Cancela Barrio (USC-EPSE Lugo).
11:30 horas. Recuperación do cultivo do lúpulo en Bragança. M Ângelo Rodrigues (CIMO/IPB) (Bragança-Portugal).
12:20 horas. Co-fermentación: Efectos sinérxicos e o seu potencial. Joan Montasell de Lallemand Brewing España & Portugal (Cataluña).
12:45 horas. Os lévedos no proceso de fermentación da cervexa. David Carriba Alonso de Fermentis España (Madrid).
13:15 horas. Mesa redonda.
16:00 horas. A craft beer, pasado, presente e futuro. Enrique Cacicedo, de Cerveza Dougall ́s (Cantabria).
16:30 horas. Experiencias e proxectos das craft beer en España:
-Fernando Iglesias. Responsable da Cultura Cervexeira de Hijos de Rivera SAU (A Coruña).
-Luis González Portabales, de Cervexa Esmorga (Ourense).
-Miguel Lojo de Paz, de Cervesa Maestró (Barcelona).
-Mónica Somacarrera, Cerveza Ecológica Gabarrera (Madrid).
-Pedro Mota, de Cerveja Nortada (Porto-Portugal).
17:45 horas. Mesa redonda. Moderador Carlos Brea.
19:00 horas. Cata de cervexas artesás.
Venres 18 de outubro (xornada de mañá)
Saída de Lugo ás 9:00 horas (Aula de Produtos Lácteos da USC - fronte á Policía Local de Lugo).
10:00-11:30 horas. Visita á plantación de lúpulo e maquinaria (CIAM Mabegondo).
12:00-13:00 horas. Visita a MEGA: Mundo Estrella Galicia (A Coruña).
13:15-14:00 horas. Cata de cervexas en MEGA (A Coruña).
14:15-16:00 horas. Xantar en Estrella Galicia-Catro Camiños (A Coruña).
- Formulario de inscripción das xornadas.
-Consulta o programa.