Xornadas en Lugo de posta en valor dos gandeiros na conservación da biodiversidade e patrimonio etnográfico

Dende a Asociación Corripa con sede na aldea de Robledo, no concello de Negueira de Muñiz (Lugo), queren visibilizar a importancia de conservar todas aquelas paisaxes humanizadas e produtores agrogandeiros como garantía dun mundo rural cheo de futuro, biodiversidade e un rico patrimonio cultural.

Dentro do proxecto leva a cabo diferentes actuacións. Por unha banda, estanse realizando vídeos de 10 produtores agrarios da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá e Terras do Miño, seleccionados polo seu manexo e xestión gandeira e agraria compatibles coa biodiversidade mediante fichas detalladas.

Por último, realizarase unha sesión informativa para a presentación do proxecto e do audiovisual das Reservas da Biosfera. A xornada contará con dúas horas de difusión e nela participarán membros da Asociación Corripa e dous produtores dos que aparecen no vídeo. Haberá diferentes presentacións de cada un dos dous proxectos.

Xornada informativa:

No marco do proxecto “Produtores agrarios, conservación da biodiversidade e patrimonio etnográfico na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes Cervantes, Navia e Becerr” a Asociación Corripa organizará 3 xornadas divulgativas:

-Dúas xornadas formativas para profesorado e alumnado, unha no Instituto de Formación Profesional Alta Montaña e outra no Instituto de Ensinanza Secundaria e Formación Profesional Básica, ambas en Becerreá, co fin de dar voz aos agricultores e gandeiros da Reserva da Biosfera e mostrar os elementos da biodiversidade e do patrimonio etnográfico identificados no seu territorio. As datas previstas son:

Luns 29 Novembro: 10:00 IES Becerreá para alumnos de 3º y 4º ESO
Luns 29 Novembro: 12:00: FP Agraria Alta Montaña de Becerreá para alumnos de FP

-Unha xornada de presentación dos resultados do proxecto do 29/11/2021 na que se convocaron diferentes axentes do territorio relacionados co turismo, a formación agraria, os concellos implicados, as administracións, as asociacións do territorio e a cidadanía en xeral (máis información e inscricións no seguinte cartel). A data prevista é:

Luns 29 Novembro: 19:00: Encontro co público xeral na Casa de Cultura de Becerreá.

Ademáis, e no marco do proxecto “Produtores agrarios, conservación da biodiversidade e patrimonio etnográfico na Reserva da Biosfera Terras do Miño” a Asociación Corripa organizará 2 xornadas divulgativas:

-Unha xornada formativa para profesorado e alumnado, no IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, co fin de dar voz aos agricultores e gandeiros da Reserva da Biosfera. e mostrar os elementos da biodiversidade e do patrimonio etnográfico identificados no seu territorio. Será o martes 30 Novembro ás 11:0 no FP Agraria Mondoñedo para alumnos de FP

-Unha xornada de presentación dos resultados do proxecto do 30/11/2021 na que se convocaron diferentes axentes do territorio relacionados co turismo, a formación agraria, os concellos implicados, as administracións, as asociacións do territorio e a cidadanía en xeral (máis información e inscricións no seguinte cartel). O evento terá lugar este martes 30 Novembro ás 17:00 horas no Centro de Interpretación da Reserva da Biosfera Terras do Miño (Lugo)

CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 82

CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 82

Máis info en: 

https://asociacioncorripa.org/produtores-gandeiros-conservacion-da-biodiversidade-e-patrimonio-etnografico-reserva-da-biosfera-os-ancares-lucenses-e-montes-de-cervantes-navia-e-becerrea

https://asociacioncorripa.org/produtores-gandeiros-conservacion-da-biodiversidade-e-patrimonio-etnografico-reserva-da-biosfera-terras-do-mino

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información