Xornadas de formación sobre o uso cosmético da cera de abella

Becerreá e As Pontes acollerán estes cursos que se impartirán os vindeiros días 16 e 17 de setembro, respectivamente, cunha duración de seis horas cada un. Para a súa asistencia, xa está habilitada a preinscrición en liña

Xornadas de formación sobre o uso cosmético da cera de abella

Estes cursos ofrecen as claves para a fabricación artesanal de cosmética natural a base de materia da colmeas

A Consellería do Medio Rural organiza unha xornada sobre o uso cosmético da cera de abella que terá lugar nos concellos de Becerreá e As Pontes. O programa inclúe nocións sobre os materiais procedentes da colmea que poden empregarse para a elaboración de cosmética natural, ademais de prácticas para levar a cabo xabón ou xampú líquido a base de produtos da colmea. Nesa liña, abordaranse os procedementos para elaborar tamén tinturas, tónicos, cremas ou protectores labiais botando man do mel, de própoles, de xelea real ou da cera de abellas.

O curso da localidade lucense terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal o próximo 16 de setembro, en horario de 9,00 a 15,00 horas. Mentres, o do concello coruñés será o día 17 na Casa do Mel de Goente, das 16,00 ás 22,00 h. O obxectivo que se persegue coa celebración de senllas xornadas é o fomento da eficiencia dos recursos apícolas, e a procura da sustentabilidade da economía rural.

Nesta páxina poden atoparse os referidos cursos, e así mesmo, o acceso á preinscrición en liña cubrindo os datos necesarios. A coordinadora porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 828 370, ou enviarse un correo a mercedes.fra.perez@xunta.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información