Carne

Xornadas de formación en Sarria e Castro de Rei sobre bioseguridade nas granxas avícolas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
12/11/2022 9:04 a.m.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto realizar a semana que vén na provincia de Lugo senllas xornadas sobre a bioseguridade nas explotacións avícolas. A primeira, prevista no Centro cultural de Sarria o mércores 16 de novembro, centrarase na produción de pavos; mentres o xoves 17 haberá outra na Oficina Agraria Comarcal de Castro de Rei, en Castro Ribeiras de Lea, sobre a produción de polos.

Ambas en horario de 16,00 a 21,00 horas, teñen como obxectivo mellorar a competitividade das explotacións avícolas, completar a formación dos avicultores e preparalos para afrontar a loita contra as novas emerxencias sanitarias, así como actualizarlles conceptos sobre prevención e seguridade.

Nesa liña, o programa inclúe nocións sobre a normativa actual, sobre conceptos de bioseguridade estrutural e operacional, sobre alertas sanitarias, sobre redución de uso de antimicrobianos e sobre auditorías e certificacións internas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Esta formación está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

A inscrición pode realizarse onlie no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas Precisamente nesta páxina poden atoparse os referidos cursos e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 294 988, ou enviarse un correo a oscar.cacharron.mojon@edu.xunta.gal

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada