Agricultura

Xornadas agroecolóxicas en Padrón para potenciar o aproveitamento da horta

Loading ad.
Ad could not be loaded.
23/04/2024 10:23 a.m.

O Sindicato Labrego Galego (SLG) e a COAG organizan unhas xornadas agroecolóxicas para potenciar o aproveitamento da horta. Están dirixidas a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.

As datas en que se desenvolverán serán esta semana, 25, 26 e 27 de abril. Os horarios repartiranse da seguinte maneira: os días 25 e 26 as aulas serán de catro da tarde a oito, o día 27 será de dez da mañá a dúas do medio día.

O lugar de encontro será o Local de Herbón (antiga escola unitaria) na estrada Rego da Manga, s/n, Padrón.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A data límite para inscribirse será o 22 de abril podéndose contactar a través do enderezo electrónico: compostela@sindicatolabrego.gal

As xornadas están financiadas polo Ministerio de Agricultura e contan coa colaboración do Concello de Padrón.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada