Xornada técnica sobre os últimos avances no control da ratatoupa

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes organiza, en colaboración co Concello de Triacastela, a Universidade de Santiago de Compostela e o SERIDA, unha xornada técnica sobre a ratatoupa, unha praga que recentemente chegou a Galicia e que está a ocasionar importantes danos nas pradeiras da provincia de Lugo.

A cita será o próximo sábado, día 6, no Hostal Lemos, en Triacastela. Para inscribirse é preciso enviar un email a sgpf.galicia@gmail.com ou chamar ao 628 713 263

Velaquí o programa:

xornada rata toupa cartaz

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información