Desenvolvemento rural

Xornada técnica na Pobra do Brollón sobre “As actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña”

22/11/2023 6:40 p.m.

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) organiza para o vindeiro 2 de decembro a segunda edición da xornada sobre “As actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña. Experiencias”.

A xornada celebrarase na Casa da Cultura da Pobra do Brollón (Lugo) e nela exporanse distintos estudos e experiencias sobre actividades agrícolas e gandeiras en zonas de montaña dos Ancares e do Courel que actúan como freo aos lumes forestais ao tempo que manteñen a paisaxe e incrementan a biodiversidade.

A participación na reunión é de balde pero é preciso inscribirse antes do 28 de novembro, por correo electrónico sgpf.galicia@gmail.com ou mediante chamada ou WhatsApp aos teléfonos 686620154 (Eloi) ou 628713263 (Victor), indicando se vai participar ou non no xantar. O coste do xantar será de 20 euros.

Nesta formación colaboran o Concello de A Pobra do Brollón, Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Consellería de Medio Rural e USC -Campus Terra.

Velaquí o programa completo:

 

Etiquetado
Ir a la portada