Xornada técnica da cooperativa O Rodo o vindeiro 8 de marzo

O vindeiro mércores, 8 de marzo, a cooperativa O Rodo, de Rodeiro (Pontevedra), organiza na súa sede unha xornada técnica sobre a produción e conservación de forraxes.

“Falaremos do cultivo e da conservación poñendo exemplos técnicos e destacando a importancia de empregar os mellores produtos para acadar os mellores rendementos”, sinalan dende a cooperativa.

Velaquí o programa:

xornada cooperativa o rodo

Esta xornada dá continuidade a unha campaña informativa da cooperativa O Rodo na que 2 técnicos foron asesorando granxa a granxa sobre a importancia do encalado para os cultivos, xa que o encalado favorece a dispoñibilidade de nutrintes para as plantas, achega calcio e mellora a estrutura e actividade microbiolóxica do solo, entre outras melloras.

“Tamén informamos sobre a fertilización de praderías sempre tendo presente os abonos orgánicos que as granxas teñen dispoñibles. Dende O Rodo non traballamos coa pretensión de facturar máis, senón que queremos que as granxas teñan os maiores beneficios, esa é a nosa función”, destacan dende a cooperativa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información