Xornada sobre viticultura ecolóxica en Galicia

Publicidade
Xornada sobre viticultura ecolóxica en Galicia
Data inicio: 28/10/2015
Data fin: 28/10/2015
Lugar: Verín, Albarellos, España

Xornada Tendencias actuais en viticultura. Viabilidade do cultivo Ecolóxico en Galicia
28 de Octubre- Albarellos – Monterrei

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), en colaboración coa Universidade de Vigo (UVIGO), está levando a cabo un estudio comparativo entre produción ecolóxica e convencional nas distintas denominacións de orixe de viños de Galicia, facendo fincapé no rendemento, diversidade de lévedos e características químicas do mosto e viños.

Con esta xornada preténdese revisar as distintas tendencias en viticultura e a súa viabilidade en Galicia e expoñer os resultados do proxecto “Potenciación da viticultura ecolóxica en Galicia” sobre produción, biodiversidade e características químicas e sensoriais de mostos e viños procedentes da produción ecolóxica e convencional.

Máis polo miúdo os obxectivos que se propoñen son:
1. Revisar as tendencias actuais en viticultura e a súa viabilidade en Galicia
2. Presentar resultados sobre a produción, biodiversidade e características químicas e sensoriais dos viños en viticultura ecolóxica e convencional.
3. Dar a coñecer experiencias de produtores galegos que utilizan distintas técnicas de produción.
4. Probar viños de uvas cultivadas baixo as distintas modalidades de produción

Consulta o programa e a ficha de inscripción nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *