Viña

Xornada sobre as variedades tradicionais de vide galegas

A EVEGA organiza para o día 26 de outubro unha formación sobre os distintos clons que a día de hoxe están presentes no campo de demostración do CFEA de Monforte

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/10/2022 2:37 p.m.

A Estación de viticultura de Galicia (EVEGA) e o Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos organizan unha xornada de transferencia para divulgar as actividades realizadas no eido da vitivinicultura. 

Para participar nas xornadas é preciso enviar a solicitude de participación cuberta (Anexo G) ao seguinte correo electrónico: cesar.crespo.vazquez@xunta.gal.

A xornada de demostración trata de pór en valor e dar a coñecer as características básicas diferenciadoras das variedades de cultivo tradicional galego e os distintos clons que a día de hoxe están presentes nos campos de demostración do CFEA de Monforte de Lemos como doantes de material certificado. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O programa é o seguinte:

Data: 26 de outubro de 2022

Lugar: CFEA de Monforte de Lemos
Rúa Alfredo Brañas s/n
27400 Monforte de Lemos (Lugo)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

10:00 - 10:30h Recepción de participantes. 

10:30 - 11:30h Relatorio: As variedades de cultivo tradicional galego: Como diferencialas. 

11:30 - 13:00h Identificación das variedades e clons en finca. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada