Xornada sobre benestar animal na produción do gando e no seu transporte

O Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia celebra esta tarde en Santiago un seminario adicado a tratar cuestións de bioseguridade e normativa

Publicidade
Data inicio: 04/04/2017
Data fin: 04/04/2017
Lugar: Fundación Abanca, Praza de Cervantes, Santiago de Compostela, España

‘Xornada sobre bioseguridade e benestar animal na produción pecuaria e no seu transporte’ é o título da xornada que organiza esta tarde en Santiago o Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, en colaboración coa Asociación Nacional de Ingenieros Agrónomos.

A actividade ten o obxectivo de formar a enxeñeiros agrónomos e ó persoal técnico que traballa cos animais, desde a granxa o seu sacrificio no matadoiro.

O programa da xornada desenvolverase do seguinte xeito:

16.15 – Inaguración. Pedro Calaza, decano do Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.

16.30 – Parámetros de benestar animal en granxa e transporte. José Luis Villegas, xefe de Área no Servizo Territorial de Sanidade e Produción Animal (A Coruña).

17.30 – Bioseguridade en explotacións gandeiras: responsabilidade do enxeñeiro proxectista. Jesús Ciria, catedrático de Produción Animal.

18 – Bioseguridade no transporte de animais vivos. Natalia Febrel, enxeñeira agrónoma e técnica de Ancoporc e de Anta.

18.30 – Normativa, sancións e recomendacións da Guardia Civil de Tráfico no transporte de animais vivos. Leonardo Procino, guardia civil especialista en transportes. Destacamento de Lalín (Pontevedra).

19 – Influencia do benestar na granxa e transporte sobre a calidade das canais. Javier Besada. Director do matadoiro Baixo Miño (Pontevedra).

19.30 – Coloquio.

20 – Clausura. Cruz Díaz. Presidenta da Asociación Nacional de Ingenieros Agrónomos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *