Desenvolvemento rural

Xornada informativa en Monterroso sobre depósitos de combustible de uso agrícola

06/04/2024 9:33 a.m.

O vindeiro luns, 8 de abril, terá lugar en Monterroso (Lugo) unha xornada informativa sobre a lexislación dos depósitos de combustible, e do agrícola en concreto.

A xornada, que se celebrará no salón multiúsos do concello ás 12:00 horas, está organizada por CODISOIL.

O programa inclúe unha ponencia sobre a normativa para legalizar os depósitos de combustible e como cumprila. A continuación, impartirase unha ponencia sobre o gasóleo agrícola de Repsol Agrodiésil e+10 e as súas vantaxes.

Tras unha quenda de preguntas do público, a xornada rematará con pinchos e viño por cortesía de CODISOIL.

Etiquetado
Ir a la portada