As vacas galegas son as que máis aumentaron a súa produción de leite nos últimos 4 anos

RENDEMENTOS VACAS 2020 CCAAGalicia foi a comunidade que máis aumentou a súa produción media por vaca no últimos catro anos. En concreto, un 11% máis que en 2016 até situarse o pasado ano nos 8804 quilos por animal e lactación, mentres que no conxunto de España en 2020 a media foi de 8.881 kg/vaca, cunha subia do 7%.

Así se recolle no informe “Estrutura do sector vacún leiteiro de España: 2016-2020” que acaba de publicar o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

A pinza de rendementos varía entre o 5.567 kg/vaca en Baleares e os 10258 kg/vaca na Comunidade Valenciana). No caso daquelas rexións cunha longa tradición leiteira, como son aquelas que forman a cornixa cantábrica, e con explotacións máis familiares, con menos base territorial e cunha alimentación máis ligada ás forraxes e a herba, os rendementos por vaca son inferiores á media nacional.

Pola contra, os maiores rendementos rexístranse en comunidades con granxas de maior tamaño, caso de Valencia e Aragón, con 10258 e 10180 quilos de leite por animal, respectivamete.

Levando a cabo unha análise pormenorizada por rexións, obsérvase que comunidade autónoma de Galicia rexistra un rendemento medio de 8.804 kg en 2020, supondo un incremento de 905 kg (+11%) en relación co rendemento rexistrado en 2016. Tanto porcentualmente como en cifras absolutas, son os maiores incrementos rexistrados neste parámetro no conxunto de España, rozando a media nacional.

No caso de Murcia, o rendemento por vaca en 2020 é de 8.086 kg, o que representa un descenso de 224 kg menos por vaca (un 3% menos). En cifras absolutas representa o maior descenso no conxunto do país. Xunto con Baleares, son os dous únicos rendementos por vaca que diminúen ao comparar ambos os anos, -3% para en cada caso.

RENDEMENTOS VACAS 2020 CCAA 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información