A USC organiza un encontro sobre o futuro sostible no sector agroalimentario galego

A xornada celebrarase o 20 de setembro arredor das alternativas sostibles en diferentes áreas químicas relacionadas co sector agroalimentario.

A USC organiza un encontro sobre o futuro sostible no sector agroalimentario galego

A Facultade de Química da USC será o lugar onde se celebre o encontro ‘Cara a un Futuro Sostible no Sector Agroalimentario Galego’. A doutora e investigadora en Bioloxía, María Celeiro Montero, é a organizadora desta reunión de expertos sobre sostibilidade no campo agroalimentario.

O encontro será o mércores 20 de setembro na Aula Magna da Facultade de Química no Campus Sur da USC e comezarán coa recepción das persoas participantes a partir das 09:15 até as 09:30. A partir de aí desenvolverase todo o programa previsto para esta xornada.

Seguidamente a coordinadora da Área de Sustentabilidade e Economía Circular do Clúster da Alimentación de Galicia (Clusaga), Perla Ferrer, disertará sobre a sustentabilidade como un factor necesario e clave para o crecemento e competitividade do sector agroalimentario. A continuación, a catedrática de Química Analítica Marta Lores, falará sobre as últimas investigacións arredor dos fitoquímicos ocultos no bagazo de uva. Para rematar a primeira parte do encontro, o catedrático da UVigo, Jorge Domínguez realizará unha palestra sobre a vermicompostaxe como unha alternativa aos fertilizantes clásicos nas viñas.

A segunda parte do encontro xirará sobre dous eixos. O primeiro deles será sobre a obtención de compostos bioactivos grazas á Química Verde. Á fronte desta palestra estará a doutora en Ciencia e Tecnoloxía Química, Laura Rubio. Por último, o responsable de Chorima Cosmética Atlántica, Miguel de la Calle, disertará sobre a aplicación de fitoquímicos galegos dentro do mundo da cosmética.

O acto pechará entre as 13:00 e 13:15. Ás 15:45 realizarase unha visita ás Adegas Martín Códax onde os e as visitantes poderán realizar unha cata e degustación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información