Un mel galego elixido como un dos mellores de España pola OCU

Un mel galego elixido como un dos mellores de España pola OCU

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) acaba de publicar os resultados dun estudo no que analizou 18 meles á venda en supermercados de España.

Os elementos que determinan a calidade dun mel, segundo destaca a OCU, son a súa frescura e a súa orixe, onde o produto nacional demándase cada vez máis pola súa maior calidade, a pesar de que o seu prezo é de media un 50% superior ao do mel importado doutros países como China.

Todo sumado, o mellor dos meles das marcas do supermercado pertencería a Alcampo: Auchan Selection Miel Multifloral DOP Alcarria, que obtén unha cualificación de 88 sobre 100 e que podería ser aínda maior se mellorase a etiquetaxe, xa que obtén notas perfectas en Degustación, Orixe botánica e Frescura. Cunha nota de 85, séguelle Carrefour con De Nuestra Tierra Multifloral IGP Mel de Galicia, tamén coa máxima cualificación en todos os aspectos salvo a etiquetaxe. Este mel é envasada pola cooperativa galega Erica Mel.

O terceiro mel con mellor puntuación, cun 85 e mellorando incluso a etiquetaxe, sería Seleqtia Mel Multifloral DOP Miel de la Alcarria de Eroski.

Consulta aquí os resultados do estudo da OCU

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información