Un boi vendido por case 8.000 euros, o mellor prezo da historia da Central

Un boi vendido por case 8.000 euros, o mellor prezo da historia da Central

Exemplar vendido esta mañá en Silleda por 7.992 euros. // Foto. Central Agropecuaria de Galicia.

Unha semana máis a Central Agropecuaria de Galicia Abanca acada récords históricos na súa categoría de vacún maior. Este martes, un boi de raza mestiza acaba de instaurar un novo prezo máximo ó ser vendido por case 8.000 euros. En concreto, o animal foi adquirido por 7.992 euros por Cárnicas Champam, de Sarria (Lugo), para Gutrei Galicia.

Nesta ocasión, trátase dun boi de 7 anos procedente dunha gandería do concello coruñés de Cerdido. A venda deste exemplar convértese no prezo máis alto acadado por un boi na Central. Este máximo chega só unha semana despois de que se fixara unha nova cifra histórica, xa que hai só 7 días vendíase outro boi por 6.879 euros.

Ademais, na xornada de hoxe a Central acadou o seu récord absoluto nas transaccións da categoría de vacún maior. A facturación ascendeu a 410.985 euros, superando os 394.914 euros que supoñían ata hoxe a mellor marca da Central e que se conseguiron o pasado 28 de setembro.

Récord de afluencia

Por outra banda, este mercado tamén rexistrou este martes o máximo anual na asistencia de vacún maior ao concorrer 369 exemplares. Ata hoxe a maior asistencia deste ano estaba nos 356 exemplares, que acudiran tamén o 28 de setembro. Esta cifra supón ademais a maior dende o 30 de xuño de 2015, cando se contabilizaran 377 cabezas de gando na poxa de vacún maior.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información