Noticias de empresa

Terreos limpos de cepas das árbores de forma rápida e económica: Así funciona o descepador MONRA MRD-1400

23/03/2022 1:30 p.m.

O descepador MONRA MRD-1400, fabricado pola empresa asturiana Monra Maquinaria Forestal, está deseñado e construído para eliminar da terra o couce ou cepa das árbores sen deixar ningún dano.

Con este equipo complétase o traballo de deforestación,reduce o tamaño do couce e transforma o material resultante adaptándoo ás seguintes fases de elaboración como poden ser a biomasa ou a trituración, ademais de deixar limpa a terra para plantar de novo.

Principais vantaxes do descepador MONRA MRD-1400:

- Pódese utilizar en calquera tipo de material leñoso (eucalipto, piñeiro, carballo...etc)

- Gran penetración preto da raíz grazas á súa punta anti-desgaste intercambiable.

- Mecanismo de corte moi robusto, baixo mantemento e pouco desgaste.

- Circuíto hidráulico rexenerativo, que permite máis velocidade de traballo.

- É adaptable a calquera retro-escavadora de entre 20 e 30 toneladas.

- Posibilidade de traballar con enganche rápido.

- Seguro, fiable e de fácil manexo.

- Gran produtividade en comparación cos métodos tradicionais

Máis información:

No teléfono 985 624 030 e na web de Monra Maquinaria Forestal

Etiquetado
Ir a la portada