A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Terreos limpos de cepas das árbores de forma rápida e económica: Así funciona o descepador MONRA MRD-1400

O descepador MONRA MRD-1400, fabricado pola empresa asturiana Monra Maquinaria Forestal, está deseñado e construído para eliminar da terra o couce ou cepa das árbores sen deixar ningún dano.

Con este equipo complétase o traballo de deforestación,reduce o tamaño do couce e transforma o material resultante adaptándoo ás seguintes fases de elaboración como poden ser a biomasa ou a trituración, ademais de deixar limpa a terra para plantar de novo.

Principais vantaxes do descepador MONRA MRD-1400:

– Pódese utilizar en calquera tipo de material leñoso (eucalipto, piñeiro, carballo…etc)

– Gran penetración preto da raíz grazas á súa punta anti-desgaste intercambiable.

– Mecanismo de corte moi robusto, baixo mantemento e pouco desgaste.

– Circuíto hidráulico rexenerativo, que permite máis velocidade de traballo.

– É adaptable a calquera retro-escavadora de entre 20 e 30 toneladas.

– Posibilidade de traballar con enganche rápido.

– Seguro, fiable e de fácil manexo.

– Gran produtividade en comparación cos métodos tradicionais

Máis información:

No teléfono 985 624 030 e na web de Monra Maquinaria Forestal

MONRA DESTOCONADOR 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *