A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Syngenta supera as 120 unidades de biodepuradores Heliosec© instaladas en España e Portugal

Dentro do seu plan de acelerar a innovación para mitigar os efectos do cambio climático, Syngenta segue estendendo unha ampla rede de sistemas de biodepuración de augas residuais procedentes da actividade agrícola en España e Portugal

Syngenta supera as 120 unidades de biodepuradores Heliosec© instaladas en España e Portugal

Heliosec© é unha ferramenta desenvolvida por Syngenta e os fabricante Hermanos Sanz para previr a contaminación das augas. En palabras de Luís Miranda, responsable de sustentabilidade en Syngenta: “O sistema Heliosec© facilita a xestión de efluentes de fitosanitarios de maneira sustentable e limpa. É un sistema de tratamento para augas de limpeza de equipos de aplicación de fitosanitarios por deshidratación natural”.

O sistema baséase na recollida dos restos de aplicacións fitosanitarias e de lavado de equipos de aplicación, que son almacenados no depósito do Heliosec, onde grazas á acción da luz solar e o vento conseguimos a evaporación da auga que conteñen estes restos. Unha vez evaporada a auga, o resultante é un residuo seco ao final da campaña agrícola listo para ser eliminado de forma segura a través dun xestor de residuos autorizado.

“Cando limpamos os equipos cos que utilizamos fitosanitarios hai que ter especial coidado e realizar a limpeza de forma adecuada para previr a contaminación da auga. Co sistema Heliosec pódense xestionar augas sobrantes con restos de fitosanitarios, ofrecendo unha garantía de residuo cero”, afirma Pablo Martín, técnico experto en cultivos de Syngenta.

Heliosec© forma parte do plan de compromisos para 2025 de Syngenta coa agricultura sustentable, “The Good Growth Plan”, de estender a aplicación de boas prácticas agrícolas e axudar na redución dos residuos e protección da auga e solo en contorna agrarios.

Diptico HELIOSEC BAJA v3

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *