Subidas no gando de Ternera Gallega e no de abasto en Amio

Subidas no gando de Ternera Gallega e no de abasto en Amio

A asistencia de gando á sesión deste mércores do Mercado de Amio foi de 2.499 reses, 613 máis que a do pasado 29 de xuño.

Os vogais da Mesa de Prezos da IGP Tenreira Galega decidiron por unanimidade subir 0,06 euros os prezos das femias e os machos da categoría Suprema en todos os tramos de peso e 0,04 euros os das restantes categorías. Esta subida explícase por un lixeiro aumento da demanda, en especial da calidade suprema.

Na mesa de prezos de Abasto decidiuse tamén por unanimidade:

-En recría manter igual que na sesión anterior manter os prezos de todas as categorías e calidades. Os vogais coinciden en apreciar unha tendencia á baixa da raza Frisoa, en especial as calidades Regular e Inferior, aínda que é de prever unha baixada material de todos os prezos desta raza se a tendencia persiste na próxima sesión.

-En abasto soben 0,10 euros os prezos de todas as calidades das becerras e os becerros de peso canle ata 180 quilogramos e 0,05 euros os dos mesmos animais de peso canle comprendida entre 180 e 220 quilogramos. Os vogais coinciden en apreciar unha sensible tendencia á alza destes prezos, debido a un incremento da demanda, orientada fundamentalmente, como na maior parte dos mercados, aos animais de pouco peso. Pola contra, tenden á baixa os prezos do vacún maior de abasto, salvo as categorías especiais.

Táboa completa das cotizacións en Amio (6-07-2016)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información