As cotizacións en Amio esta semana saldáronse con subas en Ternera Gallega Suprema e baixadas nalgunhas das categorías e calidades de recría e abasto, en tanto outras permanecen sen cambios. A mesa de prezos da IXP Ternera Gallega decidiu unha suba de 3 céntimos na categoría Suprema, en tanto a Ternera Gallega convencional continúa cos mesmos prezos que a pasada semana.
A mesa de prezos de Abasto, pola súa banda, decidiu baixar 10 euros os prezos das femias descostradas e lactantes da raza frisona. Respecto ao gando de abasto, decidiuse baixar 10 céntimos o prezo da clasificación R de animais de ata 180 quilos canal. O resto de cotizacións de abasto e vacún maior continúa igual que a pasada semana.
En canto á afluencia de animais ó mercado, entraron no recinto 2.399 reses, 260 menos que o pasado 24 de agosto. Houbo 1.795 cabezas de vacún menor, 329 de vacún mediano e 251 de vacún grande.
Máis información
– Táboa completa das cotizacións de Amio (31-8)