Subas en Ternera Gallega

Subas en Ternera Gallega

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou esta semana unha suba de 2 céntimos nos prezos de todas as calidades da categoría Suprema e de 4 céntimos por quilo na categoría de Tenreira.

No Mercado de Amio, este mércores mantivéronse as cotizacións da semana pasada tanto na gando de recría, coma no de abasto para sacrificar e no vacún maior, segundo a sondaxe realizada entre os asistentes.

En canto á asistencia de gando, houbo 1.677 reses, 161 máis que a pasada semana. Por categorías contabilizáronse 1.425 cabezas de vacún menor (148 máis), 103 de vacún mediano (7 menos) e 149 de vacún maior (20 máis).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (23-XI-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información