Leite

A suba do penso fará caer en todo o mundo a rendibilidade das ganderías de leite en 2021

Loading ad.
Ad could not be loaded.
25/02/2021 2:12 p.m.

O IFCN, un organismo internacional con sé en Alemaña e que se dedica a analizar a situacion do sector lácteo a nivel internacional, organizou hoxe un webinar no que avanzou as súas previsións de evolución de prezos para este ano.

A súa previsión é que os prezos medios do leite en orixe se manteñan estables. En concreto, e a partir da análise das previsións de Fonterra, Stone-X , Rabobank e das súas propias, o IFNC avanza que a cotización media a nivel internacional para os produtores para un leite estandarizado ao 4% de graxa e ao 3,3% de proteína, e de entre 0,29 e 0,32 euros o litro, na liña do pasado 2020.

O motor que mantén os prezos son as preocupacións por garantir o suministro de lácteos e a alta demanda. Sen embargo, para as ganderías de vacún de leite prevese que o 2021 será un ano de menos marxe por litro de leite debido ao incremento dos costes de alimentación, fundamentalmente pola suba do penso.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para a industria láctea, os principais desafíos que se presentarán neste 2021 son tamén o impacto que terá nos consumidores a recesión económica provocada pola Covid 19 e os problemas de loxística e de distribución que seguirán provocando a pandemia.

Como noutras situacións, as ganderías que serán máis resistentes á suba do penso serán aquelas situadas en países cun sistema de producción baseado no pastoreo, caso de Irlanda, Nova Zelandia, Australia ou Arxentina, países nos que os costes de produción se sitúan por debaixo dos 30 céntimos por litro de leite e as marxes para os produtores son maiores.

Impacto da crise da Covid19 no sector lácteo

No webinar de IFCN tamén se presentou unha análise do impacto da pandemia da Covid19 no sector lácteo. A produción mundial de leite de vaca medrou o pasado ano un 2,3%, mentres que o consumo fíxoo en algo menos, nun 2,2%. Os países que máis incrementaron a producion foron Estados Unidos, Arxentina e Rusia. Canto á demanda, viuse favorecida polo incremento de consumo de lácteos nos fogares, que compensou a baixada na canle HORECA, o incremento das exportacións, sobre todo a Asia, onde os lácteos están cada vez máis presentes na dieta; e tamén polos programas de compras públicas en Estados Unidos e na Unión Europea.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En todo caso, para o IFCN “como evolucionará a demanda é a principal incerteza que ten a industria láctea para este 2021”.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada