Suba dos prezos dos becerros de recría de Frisón en Silleda

Suba dos becerros de recría de Frisona e nalgunhas categorías dos de cruce. Non houbo poxa de vacún maior este martes.. Nas mesas de prezos decidiuse subir o porco cebado, baixar os prezos dos bacoriños e os dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 13 de xuño

Suba dos prezos dos becerros de recría de Frisón en Silleda

As cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca deste martes caracterizáronse pola suba dos becerros de recría de Frisón, así como nalgunhas categorías dos de Cruce. No vacún maior este martes non houbo mercado debido á celebración este fin de semana da feira Abanca Semana Verde.

En concreto, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes subiron en todas as categorías respecto á poxa do 30 de maio, o último martes que se celebrou o mercado de gando no recinto feiral de Silleda. Así, na de menos de 20 días, a cotización media subiu ata os 171 euros, fronte aos 163 da pasada poxa. Na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media tamén subiu lixeiramente ata os 195 euros por xato, dous máis. E na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, os prezos repuntaron ata os 231 euros, 19 máis que a última poxa.

Nos becerros de Cruzamento industrial, as oscilacións nos prezos foron á alza nalgunhas categorías. Así, na de menos de 20 días as cotizacións medias subiron nos machos ata os 302 euros, fronte aos 288 da pasada poxa. E na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos tamén subiu ata os 363 euros de media, fronte aos 339 da anterior sesión. Pola contra, nas femias, o prezo medio baixou a unha media de 227 euros, fronte aos 247 da anterior poxa. En canto aos xatos de máis de 51 días o prezo medio tamén caeu nos machos ata os 431 euros, fronte aos 443 euros de media da última subasta. Nas femias, pola contra, subiu ata os 307 euros, dous máis que na última sesión.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_vacun_JUNHO_17_2

Baixada dos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións na categoría XL nos 1,40 euros a ducia. Para as restantes categorías decidiuse unha baixada do 0,01%  na L, que quedou en 1,26 euros a ducia, mentres que para a M e a S as cotizacións caeron un 0,02% ata os 1,13 e 0,90 euros, respectivamente.

Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter as cotizacións nos 1,50 euros o quilo.

Suba no porco cebado e baixada nos bacoriños

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou subir as categorías Selecta e Normal un 0,01%, quedando nos 1,455 e 1,430 euros por quilo, respectivamente; a Canle II subiu un 0,013% ata os 1,857 euros por quilo e o desvelle mantívose tamén sen cambios nun intervalo de prezos de entre 0,92 e 0,98 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións esta semana quedaron sen cambios nos 1,810 euros o quilo. No resto de países da Unión Europea as cotizacións mantivéronse estables ou cunha lixeira suba.

En canto aos leitóns, acordouse seguir coa baixada das cotizacións, esta semana de novo un 2% ata os 54 euros para os procedentes de varias explotacións e os 59 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_porcino_JUNHO_17_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información