Suba dos becerros de recría en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse manter as cotizacións do porco cebado e dos leitóns. Soben os ovos de categoría M e S. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 16 de febreiro

Suba dos becerros de recría en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse pola suba nos prezos dos tenreiros de recría, tanto de raza Frisona como de Cruce Industrial. Os prezos do vacún maior mantivéronse estables.

Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 87 euros, fronte aos 78 do pasado martes. Sen embargo, a cifra representativa, é a dos de 21 a 50 días, con diferenza a categoría máis numerosa, onde a media foi de 122 euros por xato, fronte aos 108 da semana pasada. E nos tenreiros de máis de 51 días: 159 euros de media por animal fronte aos 152 do pasado martes.

Nos tenreiros de recría de Cruzamento industrial a tendencia foi tamén á alza na categoría máis numerosa, a de 21 a 50 días, na que o prezo medio foi de 362 euros, fronte aos 325 do pasado martes. Pola contra baixou nas restantes categorías: nos de menos de 20 días o prezo medio foi de 314 euros e nos de máis de 51 situouse esta xornada nos 455. A pasada semana os prezos foron de 374 e 468 €, respectivamente.

No vacún maior os prezos mantivéronse estables. Deste xeito quedaron en 1.099 euros de media en categoría primeira, 697 en segunda -a máis numerosa- e 413 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.094, 698 e 433 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

cotizacions_silleda_16_febreiro_vacun

Ovos á alza e coellos sen cambios

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana nas categorías XL, que quedou en 1,15 euros e na L que quedou nos 1,05 euros. Para a categoría M acordouse unha suba do 0,02% ata os 0,97 euros, idéntica suba que para a S, na que se fixou un prezo de 0,87 euros por ducia de ovos.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos mantivéronse nos 1,30 €/quilo.

Estabilidade no porco cebado e nos leitóns

Tras unhas semanas de lixeiras subas, a mesa de prezos acordou hoxe manter as cotizacións do porco cebado. Deste xeito, a categoría Selecta quedou nos 0,940 euros por kilo; a normal nos 0,915 euros por kilo, mentres que o Canal II quedou en 1,188 euros por kilo. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións mantivéronse estables nos 1,31 euros o quilo.

En canto aos leitóns acordouse manter os prezos da pasada semana, tras case dous meses á alza. Deste xeito quedaron nos 44 euros os procedentes de varias explotacións e nos 49 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

cotizacions_silleda_16_febreiro_porcino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información