Suba dos becerros de recría e baixada dos leitóns en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse manter as cotizacións do porco cebado e baixar a dos leitóns. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 15 de marzo

Suba dos becerros de recría e baixada dos leitóns en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse pola suba xeneralizada dos prezos dos becerros de recría, tanto os de Frisona como os de Cruce Industrial. O vacún maior tamén experimentou unha lixeira suba.

Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 105 euros, catro máis o pasado martes. Sen embargo, a cifra representativa, é a dos de 21 a 50 días, con diferenza a categoría máis numerosa, onde a media foi de 121 euros por xato, catro mais que a semana pasada. E nos tenreiros de máis de 51 días: 160 euros de media por animal fronte aos 130 do pasado martes.

Nos tenreiros de recría de Cruce industrial a tendencia foi tamén á alza. Nos xatos de menos de 20 días os prezos medios foron de 268 euros de media por animal fronte aos 211 da pasada semana. Na categoría máis numerosa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos foi de 314 euros, dous máis que o pasado martes. Nos becerros de máis de 51 situouse o prezo medio esta xornada nos 455 euros fronte aos 410 da anterior sesión.

No vacún maior houbo tamén subas. Deste xeito, quedaron en 1.076 euros de media en categoría primeira, 707 en segunda -a máis numerosa- e 440 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.047, 707 e 430 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_SILLEDA_VACUN_15_MARZO

Ovos sen cambios e suba do coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana: a categoría XL quedou en 1,17 euros; a L nos 1,11 euros por ducia; a M quedou en 1,08 euros e o prezo para a S fixouse nos 0,95 euros.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos subiron un 0,01 ata os 1,50 €/quilo.

Estabilidade no porco cebado e baixada nos leitóns

Ao igual que a pasada semana, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións do porco cebado. Deste xeito, a categoría Selecta quedou nos 0,940 euros por kilo; a normal nos 0,915 euros por kilo, mentres que o Canal II quedou en 1,188 euros por kilo. Pola contra, en Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións subiron un 0,05 ata os 1,29 euros o quilo, unha tendencia á alza que se repetiu na maioría dos países europeos.

En canto aos leitóns acordouse unha nova baixada: un 3% menos. Deste xeito quedaron nos 37 euros os procedentes de varias explotacións e nos 42 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_SILLEDA_porcino_15_MARZO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información