Suba de prezos do porco cebado e dos ovos en Silleda

Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 7 de xuño. Este martes non houbo poxa de vacún, que se pospón para o vindeiro día 14

Suba de prezos do porco cebado e dos ovos en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca estiveron marcadas pola non celebración das poxas de vacún (becerros de recría, vacún maior e becerros carniceiros). Para o vindeiro martes, día 14 de xuño, só terá lugar a poxa de becerros de recría e as de becerros carniceiros e vacas non se celebrarán este día. A recepción dos animais será o martes 14 a partir das 6 da mañá.

Ovos á alza e coello estable

O que si se celebraron este martes foron as mesas de prezos. Nos ovos acordouse unha suba das cotizacións dun 0,02% para todas as categorías. Deste xeito a ducia de XL quedou nos 1,21 euros a ducia; a L nos 1,11 euros; a M en 1,07 e a ducia da S subiu ata os 0,92 euros.

Nos coellos, en Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos tamén se mantiveron nos 1,30 €/quilo da semana anterior, marcando un mínimo anual.

Suba do porco cebado e dos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou unha semana máis subir os prezos; desta volta un 0,05% para as categorías Selecta e Normal, que quedaron nos 1,225 e 1,200 euros por quilo, respectivamente. A Canle II tamén subiu, un 0,065% ata 1,558 euros por quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, esta semana os prezos subiron un 0,05% ata os 1,530 euros o quilo, mentres que nos demais mercados europeos tamén houbo unha suba das cotizacións.

En canto aos leitóns, acordouse unha semana máis subir os prezos, desta volta un 1,5 %. Deste xeito quedaron nos 36,5 euros os procedentes de varias explotacións e nos 41,5 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_SILLEDA_7xuño

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información