Sen cambios nos prezos do vacún no mercado de Amio

O Mercado de Amio mantívose este mércores sen cambios con respecto á semana pasada en todas as categorías, segundo se extrae da sondaxe realizada entre os asistentes á feira.

As mesas de prezos de Ternera Gallega acordaron manter sen cambios as cotizacións para todas as categorías e calidades de gando.

En canto á asistencia houbo 1.766 reses, o que supón 157 máis que a sesión pasada. En concreto contabilizáronse 1.492 cabezas de vacún menor, 149 máis que na sesión anterior. Houbo 91 de vacún mediano (8 menos) e 183 de vacún grande (16 reses máis).

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (01-03- 2023).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información