Sen cambios nos prezos de Ternera Gallega en Amio

Sen cambios nos prezos de Ternera Gallega en Amio

Gando comercializado baixo o selo de Ternera Gallega. // Foto de arquivo.

A sesión deste mércores no Mercado de gando de Amio (Santiago) transcorreu case sen cambios nas cotizacións con respecto da semana pasada. A Mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, que fixa os prezos neste mercado, acordou manter as cotizacións para tódalas categorías e calidades deste selo.

A sondaxe realizada entre as persoas asistentes ó mercado amosa que se mantiveron tamén os prezos na recría e no gando de abastos. Apréciase unha lixeira tendencia á alza nas cotizacións das vacas das clasificacións O e P.

En canto á asistencia de gando, contabilizáronse 1.917 reses, o que supón 302 animais máis que a semana pasada. Houbo 1.602 cabezas de vacún menor (264 máis que na sesión anterior), 137 de vacún mediano (18 máis) e 178 exemplares de vacún grande (20 reses máis).

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (19-I-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información